Edublog é un termo que nace da unión de “education” e
“blog”.
Un blog, ou en galego, unha bitácora, é un sitio web
que é actualizado periodicamente, e que recompila cronoloxicamente textos ou
artigos aparecendo en primeiro lugar o máis recente. Nel o autor ten a
liberdade de publicar aquilo que desexe.
Por tanto, un edublog é un blog que se usa con fins
educativos ou en entornas de aprendizaxe, tanto por mestres/as como por
alumnos/as, có obxectivo de apoiar o proceso de aprendizaxe.
O ensino con blogs responde a unha nova realidade
social. Sirve de canal de comunicación entre profesores e estudantes(calendario
de actividades, enlaces, guías de estudo,etc…)
Para a creación dun blog existen diversas ferramentas ou programas gratuitos online como: wordpress.com, blogger.com, medium.com,tumblr.com, blog.com, joomla.com, drupal.org, postagon.com, jux.com...
OS USOS DOS BLOGS NUNHA PEDAGOXÍA CONSTRUCTIVISTA
O edublog é unha ferramenta didáctica que se introduce
cada vez con máis frecuencia e eficacia no ámbito educativo. Sen embargo o seu
uso non garante unha eficacia educativa inmediata, xa que é preciso definir o
enfoque, uns obxectivos e unha metodoloxía coa que sexan integrados en cada
programa educativo. É importante ter en conta que o emprego do edublog non se
basea nunha reprodución de modelos didácticos dominantes nun novo soporte.
Compre ser innovador e deseñar actividades creativas e innovadoras nas que o
alumnado poida construír a seu propio coñecemento. Débense evitar actividades
pechadas nas que non se lle permita o desenvolvemento da creatividade. Nesta
pedagoxía o papel do profesor sería o de facilitador neste novo espazo de
liberdade, acompañando ao alumno/a no seu propio camiño de experimentación e
aprendizaxe a través do blog.