xoves, marzo 24, 2016

QUE É UN EDUBLOG E PARA QUÉ SIRVE


Edublog é un termo que nace da unión de “education” e “blog”.
Un blog, ou en galego, unha bitácora, é un sitio web que é actualizado periodicamente, e que recompila cronoloxicamente textos ou artigos aparecendo en primeiro lugar o máis recente. Nel o autor ten a liberdade de publicar aquilo que desexe.
Por tanto, un edublog é un blog que se usa con fins educativos ou en entornas de aprendizaxe, tanto por mestres/as como por alumnos/as, có obxectivo de apoiar o proceso de aprendizaxe.
O ensino con blogs responde a unha nova realidade social. Sirve de canal de comunicación entre profesores e estudantes(calendario de actividades, enlaces, guías de estudo,etc…)
Para a creación dun blog existen diversas ferramentas ou programas gratuitos online como: wordpress.com, blogger.com, medium.com,tumblr.com, blog.com, joomla.com, drupal.org, postagon.com, jux.com... 


OS USOS DOS BLOGS NUNHA PEDAGOXÍA CONSTRUCTIVISTA

O edublog é unha ferramenta didáctica que se introduce cada vez con máis frecuencia e eficacia no ámbito educativo. Sen embargo o seu uso non garante unha eficacia educativa inmediata, xa que é preciso definir o enfoque, uns obxectivos e unha metodoloxía coa que sexan integrados en cada programa educativo. É importante ter en conta que o emprego do edublog non se basea nunha reprodución de modelos didácticos dominantes nun novo soporte. Compre ser innovador e deseñar actividades creativas e innovadoras nas que o alumnado poida construír a seu propio coñecemento. Débense evitar actividades pechadas nas que non se lle permita o desenvolvemento da creatividade. Nesta pedagoxía o papel do profesor sería o de facilitador neste novo espazo de liberdade, acompañando ao alumno/a no seu propio camiño de experimentación e aprendizaxe a través do blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario